prazo

Espazo determinado de tempo para a realización de algo

Etimoloxía

Vocábulo semiculto que procede do latín placitum, ‘convenio’ ou ‘día aprobado pola autoridade’.

Exemplos *

“O prazo para participar no XI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC remata o 15 de marzo.” (I. Casal: Galicia Hoxe, 02-03-2011)

“O resultado foi que o prazo da subvención venceu e a Xunta tivo que lle devolver a Madrid os cartos da axuda, máis intereses por un valor superior aos 60.000 euros.” (Alberto Ramos: Sermos Galiza, 21-09-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.