Adobo líquido ou cremoso que se pode elaborar con moitas substancias e serve para acompañar certas comidas
Etimoloxía
Voz que ten a súa orixe na latina piper ‘pementa’.
Exemplos *
“A fabada coa súa untuosa e farturenta densidade ou os sabedeiros guisos de carne, de luras ou de peixe coa súa habitual e elevada proporción de apetitosas balocas; guisos sempre pródigos en prebe que pedía a esponxosa compaña do miolo.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“A panadeira de Melide racha coa navalla a fermosura do pan branco, que esponxa pedindo ser mollado no prebe do polbo, nos labios do prato de madeira.” (Xosé Vázquez Pintor: A tribo sabe 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


