precipitación

Auga procedente da atmosfera, ben sexa en forma de chuvia, neve ou sarabia

Etimoloxía

Palabra de orixe culta que deriva da latina praecipitatio que significaba ‘caída’.

Exemplos *

“Hai zonas nas Rías Baixas con índices de precipitacións por debaixo do límite da seca  segundo a Aemet.” (Diana Mandiá: GCiencia. O portal da ciencia galega, 12-2015)

“Ó contrario que as temperaturas, as precipitacións descenden dende o noroeste en dirección surleste e aumentan en dirección norte sur ó longo da costa.” (José Astray Pena e Marcos Beiroa Raposo: As lareiras en Galicia, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.