preescolar

Relativo ou pertencente ao ensino e á idade anteriores á escolarización obrigatoria / Ensino preescolar

Etimoloxía

Vocábulo derivado mediante o prefixo pre- aplicado á voz “escolar” que procede do latín tardío scholaris ‘de escola’.

Exemplos *

“A iniciativa tivo en Lugo e Galicia unha espectacular acollida porque en tempos que a educación do máis novos, a preescolar, só a había de pago para os privilexiados das cidades, con esta acción educativa formábase aos pais para que estes fosen os que no seu mesmo domicilio formasen aos pequenos.” (Xulio Xiz: A Voz de Vilalba, 3-2013)

“Un dos primeiros recordos que teño sendo neno é o dun rostro que eu imaxinaba cada mañá cando almorzaba antes de ir á escola de preescolar. Non era ninguén da miña familia, pero aínda hoxe podo recordar a súa cara, as súas engurras, as súas expresións faciais, o seu pelo cano.” (Tito Asorey: IX Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico 2015 [Prólogo], 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.