prefacio

Introdución a un libro, na cal se fan diversas advertencias ao lector, se explica a finalidade da obra ou se fan algunhas outras observacións referentes ao texto.

Etimoloxía

Procede do termo latino praefatio, -onis que indicaba 'acción de falar ao principio de algo'.

Exemplos *

"Gustaríame que este libro servise para conseguir o amor dos meus compatriotas _escribiu Hölderlin no prefacio do seu Hiperión" (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)

"Quédannos por mencionar prefacios (algúns sorprendentes como o elaborado para unha edición en inglés dos contos de Perrault en 1964 ou ao libro sobre a película Shoah, de Claude Lanzmann en 1985), artigos, conferencias publicadas, entrevistas etc." (África B. López Souto: Simone de Beauvoir)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.