Falta de vontade para traballar ou para realizar calquera acción
Etimoloxía
Vocábulo que bebe no latino pigritiam de significado semellante.
Exemplos *
“−O horario canónico non lle outorga concesións á preguiza −observou Marina afogando un bocexo−. Pero non deberiamos de esperar a que os relixiosos estean en misa, pai?” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)
“Se cadra, mesmo podería bailar en calquera compañía do mundo se quixese, pero non quixo. Un día empezou a darlle preguiza e pouco despois parou de bailar.” (Inma López Silva: Aqueles días en que eramos malas, 2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.