preguntar

Pedir a alguén que diga aquilo que se desexa saber

Etimoloxía

Palabra que procede do latín vulgar *praecuntare que viña do clásico percontare co mesmo significado.

Exemplos *

“De neno, preguntáralle a un vello mariñeiro en Foz cando durmía o mar. O mariñeiro respondéralle: "Dorme as semanas de dous xoves.” (Carlos G. Reigosa: Narcos, 2001)

“A nena preguntaba por nomes de persoas e lugares que aparecían nas fotos, mentres as ollaba con fascinación.” (Úrsula Heinze: Culpable de asesinato, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.