Período da historia da humanidade anterior á aparición da escritura
Etimoloxía
Termo creado por prefixación sobre o substantivo “historia” que vén do latín historia ‘narración’ ou ‘historia’.
Exemplos *
“Estase volvendo recuperar unha referencia básica das sociedades humanas desde a prehistoria: a tribo. A tribo dá confianza aos que se senten parte dela e pide un líder que a conduza.” (Enrique Sáez Ponte: A liberdade no século XXI, 2017)
“As serras acadan case os dous mil metros altura e delas baixan numerosos regos que verten no Navia. (...) A pesar das súas duras condicións son áreas habitadas desde a prehistoria como o testemuñan os numerosos restos arqueolóxicos atopados.” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 7-9-2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.