preludiar

Dar comezo a algo.

Etimoloxía

Formación sobre o vocábulo preludio que se cre que nace no latín medieval praeludium que, á vez, vén de praeludere 'prepararse'.

Exemplos *

"Nun deses días, un grupo de mozos habituais daqueles lugares, que camiñaban alleos á conmemoración que preludiaba a noite, víronse sorprendidos por axentes da "policía". " (Sabino Torres: As tres columnas)

"Ollándoa, primeiro, colléndoa logo da man, facéndolle -finalmente- aloumiños na face que preludiaban un biquiño inmediato que acabaría por ser bico en condicións." (Vicente Araguas: Xuvia-Neda)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.