Aquilo que precede a algunha cousa ou que constitúe o seu inicio
Etimoloxía
Voz que nos chega do latín medieval praeludium, derivado do verbo latino praeludĕre 'preludiar'.
Exemplos *
“Eran as sete da tarde, preludio dunha noite bastante pecha, e as árbores abaneaban ao ritmo dos refachos de vento.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)
“A visita á casa de dona Eladia era o preludio das vacacións do Nadal e repetíase cada ano ata aquel día aciago.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela), 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.