presentador -a

Persoa ou profesional que presenta os artistas dun espectáculo ou un programa de radio ou televisión

Etimoloxía

Formado sobre “presentar”, que procede do termo latino praesentare ‘amosar, exhibir’.

Exemplos *

“Dende o estudio, o presentador amosa a súa "esperanza de que a retransmisión sirva de aviso para os bombeiros, que parece que non dan chegado".” (Jaureguizar: As horas sucias, 2001)

“Un arranxo de contas, comentara a presentadora do telexornal.” (Ricardo C. Mora: Prosas inmaculadas, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.