presente

Aquilo que se dá a alguén como mostra de agradecemento, afecto etc.

Etimoloxía

Voz que nos leva ao latín praesens, -entis de significado semellante.

Exemplos *

“Ah, o colar... Un presente de Carlos. Se vostede lle ten moito aprezo, devólvollo.” (Manuel Lourenzo: Suite Artabria, 2017)

“Tiveron que agardar dezanove días en Dover ata lograr que unha embarcación os conducise ao litoral francés. Foi nesta cidade onde coñeceron un burgués acomodado, comerciante de teas e presentes de luxo.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.