Feito ou circunstancia de estar presente / Aspecto exterior dunha persoa
Etimoloxía
Vocábulo que vén do latín praesentia ‘o tempo presente’.
Exemplos *
“Tras dar orde de abrir as portas saíu ao atrio do palacio onde o que xa era unha multitude agardaba ruidosa e expectante. O balbordo foise acalando así como ía sendo apercibida a presenza da raíña” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)
“E nesas estaba, tentando albiscar de novo a presenza de tan senlleira dama e matinando xa en se sería visión real ou cousa imaxinada.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


