preservación

Acción e efecto de preservar

Etimoloxía

Palabra formada sobre o verbo “preservar” que procede praeservāre ‘observar de antemán’.

Exemplos *

“"Galaxia" xogaría un importante papel na batalla que o galeguismo tentaba levar a cabo naqueles momentos: a preservación da identidade cultural de Galicia.” (Carlos Fernández: O pensamento epocal en Celestino Fernández de la Vega, 1988)

“A desidia é unha ameaza sempre presente e asexante nos asuntos que tocan á preservación do patrimonio artístico.” (Damián Villalaín: Tempos Novos, nº 26, 1-1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.