presoiro

Substancia que se emprega para callar o leite

Etimoloxía

Voz derivada sobre o adxectivo “preso” que vén do latín vulgar *prensu de significado semellante.

Exemplos *

“Póñense uns catro litros de leite de vaca ó lume, engadíndolles a cantidade proporcional de presoiro. Nas aldeas galegas empregábase unha medida de media noz.” (Carmen Parada: Recetas de cociña galega, 1982)

“Para poder facer o queixo era imprescindible contar co callo, tamén chamado presoiro, que aínda que co tempo se fixo de forma industrial e se podía mercar, antigamente había que producilo de modo doméstico.” (AA.VV.: Galicia para comela, 2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.