Acción e efecto de prestar (entregar diñeiro ou outra cousa a alguén durante un tempo para que o utilice e logo o devolva).
Etimoloxía
Evolucionou a partir da forma tardía prestamus, -i, derivado de praestare 'proporcionar'.
Exemplos *
"Aínda que sexa nunha mínima parte, a nosa biblioteca non se fornece tan só de compras e agasallos (ou de pequenos e miserables furtos, como diría o Suso ante unha reflexión semellante), senón tamén de préstamos, libros prestados, libros que algunha vez nos deixaron e que por unha ou outra razón xamais devolvemos." (Xabier López López: Os libros prestados)
"… a fixar un préstamo por 3 días prorrogable e a controlar estes perseguindo que as devolucións se fagan nos prazos previstos." (María Luisa Losada Sanmartín: Historia da Física na Universidade de Santiago de Compostela)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


