pretor

Maxistrado romano que exercía a súa xurisdición en Roma ou nalgunhas provincias

Etimoloxía

A palabra procede do equivalente do latín praetor, -ōris ‘maxistrado romano’.

Exemplos *

“Temos constancia de que o pretor Emilio Pavlo, xa no século II a.C., creou no cumio un poboado fortificado.” (Antón Pombo: Galicia Hoxe, 13-2-2005)

“Algúns romanos tiveron vergoña das súas artes militares; houbo un turbulento proceso en Roma e Catón defendeu os lusitanos pero Galba saíu absolto, os vendidos non se restituíron e, iso si, creouse unha comisión contra os abusos dos pretores.” (Xesús Ferro Ruibal: Os papiros do Medulio, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.