prevención

Acción e efecto de previr (tratar de evitar un dano, perigo ou unha cousa desagradable).

Etimoloxía

Chegou do latín praeventio –onis derivado do verbo praevenire ‘previr’, ‘anticipar’.

Exemplos *

“… unha doenza da que ao instante se convertían en portadores e para a cal a única cura fose a prevención.” (Xurxo Borrazás: Na maleta)

“… de pouco valían xa as prevencións posto que a todos nos tiña metido no corpo o seu mal, e cando morrese, que non tardaría moito, levaría consigo a campa a tódolos Xeitoso …” (Xosé Fariña Jamardo: Golfaróns de sangue)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.