prima donna

Cantante feminina que interpreta os papeis principais nas óperas

Etimoloxía

Palabra prestada da lingua italiana prima donna de significado semellante.

Exemplos *

“María Kalojeropulos, máis coñecida como María Callas (de orixe grega, naceu en Nova York no 1923 e morreu en París no 1977). Foi a máis famosa "prima donna" da súa época e, para moitos, a súa apaixonada voz e o seu dramatismo en escena non foron nin serán igualados.” (Rosa Rodríguez: O Correo Galego, 3-12-2000)

“A primeira actuación tivo que ser suspendida, alegando a prima donna unha doenza que a mantiña sen voz. Isto provocou un forte altercado co empresario que a insultou e agrediu fisicamente.” (Xoán Costa: Nós Diario, 19-2-2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.