primicias

Primeiro froito de cada colleita

Etimoloxía

Voz que bebe da latina primitia cuxo significado é o mesmo.

Exemplos *

“Os labregos flanqueaban a estrada poñendo á venda os seus produtos. Patacas, feixóns, tomates, todas as primicias da súa agricultura.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)

“Os conxuros sobre as primicias das colleitas, as consagracións de ungüentos ó sol e á lúa sobre as pedras sagradas dos montes, coincidindo coa lúa chea, eran ben acollidas por un pobo afeito a elas.” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.