Fillo ou filla dun tío ou dunha tía
Etimoloxía
Denominación que vén do latín primus; pero da abreviación da frase latina consobrinus primus, ‘primo primeiro’, ou sexa, ‘curmán’.
Exemplos *
“Miña prima ten un galo / canta como unha galiña, / dámo, miña prima, dámo, / dámo, miña queridiña.” (Ofelia Carnero Vázquez et al.: Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín,2004)
“O viño branco é meu primo / o tinto é meu pariente, / xa non vou a feira nin festa / que non vexa miña xente.” (AA.VV.: A carón do lume, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


