principiante

Persoa que está no inicio da súa carreira profesional, que comeza a desempeñar un traballo ou a realizar unha determinada actividade na que ten pouca ou ningunha experiencia

Etimoloxía

Vocábulo procedente do participio presente do verbo “principiar” que bebe no latín principiare ‘iniciar’.

Exemplos *

“Achar, impulsar e dar a coñecer a escritores noveis e principiantes, non consagrados nin demasiado acreditados: eis o lema e a finalidade primordial do Modesto R. Figueiredo.” (Avelino A. de Tembra: O Correo Galego, 26-12-2000)

“–Home, iso é un honor para nós os principiantes –contestou o chamado Coque, tipo de costas cadradas e pelo recollido no pescozo por unha coleta.” (Vicente Araguas: A canción do verán, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.