Dar principio a algo.
Etimoloxía
Palabra derivada do latín principiare que significaba 'comezar'.
Exemplos *
"Velaquí como debería principiar unha historia ben contada, como principia, segundo o guión, Isak Dinesen, lonxe de África, lonxe de Praga, lonxe de Náusopole, lonxe de París, lonxe de Civireli, lonxe do Porto." (Laura Caveiro: As naos afondando)
"Mentres, Rose foi pola botella de tinto, para axudar, para principiar co rito do brinde e dos mellores desexos." (Xavier Queipo: Papaventos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.