priorizar

Darlle prioridade a [algo]

Etimoloxía

Voz que vén do francés prioriser, e que remite ao latín prior ‘o primeiro de dous’.

Exemplos *

“O Paseo de José Solla, entre Agrelo e Portomaior, sufrirá unha reforma ambiental para priorizar a mobilidade sostible.” (AA.VV: morrazonoticias.com/, 19-12-2022) [visto 11-9-2026]

“A ordenanza tamén ten un marcado enfoque ambiental, ao fomentar unha menor dependencia do vehículo privado e priorizar medios de transporte máis sostibles.” (Redacción: AcoruñaXa, 27-12-2024) [visto 11-9-2026]

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.