proba

Cantidade pequena dunha cousa que serve para saber como é na súa totalidade

Etimoloxía

Creación a partir do verbo “probar”, que chega desde o latín probare ‘examinar, verificar’.

Exemplos *

“O día de novembro en que unha muller saía dunha casa á beira da estrada na que estaban facendo a matanza para convidar a todos os viaxeiros a un vaso de viño e unha proba” (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas, 1996)

“Débese remitir sempre a proba ao veterinario, polas doenzas que padecen e poden transmitir.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.