procedencia

Lugar, liñaxe etc., de onde procede alguén ou algo

Etimoloxía

Palabra que deriva do latín procēdens, -entis que significaba 'procedente'.

Exemplos *

“O ancián acudiu ás chamadas de auxilio da súa filla, Nor, que estaba a ser golpeada e ameazada de morte por Cadena. Con anterioridade, Cadena déralle morte cun disparo de revólver a Celestino Bideira, Nuco, de procedencia galega e a quen se relaciona co narcotráfico.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

“Nicolás achegouse máis e daquela recoñeceunos. En realidade, coñeceu a un, e imaxinou a procedencia de todos. Da parroquia montañesa de Cereiro.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.