Perturbación violenta da atmosfera con vento, chuvia, tronos e lóstregos, que provoca grandes ondas no mar
Etimoloxía
Palabra culta que bebe na latina procella.
Exemplos *
“Velaí que se apagan as estrelas / por oriente , que o sol vén rubicundo / disipando parrumas e procelas, / ceibando resplendor por todo o mundo. /e velaí que vogan as gamelas / polo rizado mar entre as gaivotas.” (Darío Xohán Cabana: Patria do mar, 1989)
“De Frisco foi a viaxe a Cuba, por New Orleáns . Houbo témera procela no golfo. Na Habana, moitas caras amigas e outras sospeitosas. O fidalgo engaiolaba ás damas no salón, (...), e voltaba a disfroitar das mesas de marbre e dos espellos dos cafés, como en Madrid ou na Cruña.” (Ramón Otero Pedrayo: O señorito da Reboraina, 1960)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


