procesión

Grupo de persoas que camiñan unhas detrás doutras, xeralmente en actos relixiosos, acompañando figuras de santos.

Etimoloxía

Chegounos do latín, da forma processio, -nis 'acción de adiantarse' e tamén 'saída solemne', formado a partir de cedere 'marchar'.

Exemplos *

"… que dixo o Comandante Villaamil que á volta imos ir en procesión a levarlle á Virxe do Carme de Franza unha coroa e un manto, en procesión de palio e banda …" (Bernardo Máiz: Nautilus 1892-94)

"… sacan logo en moi solemne procesión, neste e noutros lugares, á Virxe e demais santos, acudindo toda a xente en rogativa por calzadas e camiños e celebrando misas e novenas nas capelas." (Xesús Rábade Paredes: O viaxeiro invisible)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.