pródigo, -a

Que é amigo de dar en abundancia do que ten, de dispensar algo xenerosamente, de poñelo ao servizo dos demais

Etimoloxía

Vocábulo que vén do latín prodigus, -a, -um que significaba ‘que dá ou produce en abundancia’.

Exemplos *

“Toda persoa de ben que recibise o apoio e o favor de don Octavio. Un home magnánimo e pródigo, benévolo e humano con todos os que petaron á súa porta.” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego, 24-12-2000)

“Don Fernando de Andrade foi pródigo en doazóns de forte contido localista e familiar, que beneficiaron á vila de Vilagarcía, onde reedificou a súa casa.” (Ofelia Rey Castro: A Galicia clásica e barroca, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.