profesión

Traballo que unha persoa realiza normalmente, para o que está preparada e polo que recibe un soldo

Etimoloxía

Palabra que nos chega desde a latina professio, -onis ‘ocupación’.

Exemplos *

“Non sei que vou ser eu. Se falamos dunha profesión, imaxínome fácil exercendo. Falan de enfermeiras e véxome na operación levando unhas amígdalas no pratiño para tiralas ao lixo. (...) Afiadora non me gustaría. Peitadora tampouco. (...) Pero gandeira, si. (...) Vou ser directora de orquestra.” (Xela Arias: Non te amola, 2021)

“Emana en cada unha das súas verbas respecto e profundidade de sentimento pola súa profesión, destila unha reflexiva sensibilidade pensamento equilibrado co "facer". Investigadora chea de curiosidade, atopou nas complexidades do material o substrato perfecto para medrar como artista.” (Lola Dopico: Sermos Galiza, 30-10-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.