profesor, -a

Persoa que se dedica ao ensino dunha arte, ciencia, técnica, ou de calquera disciplina

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín professor “o que se dedica a”.

Exemplos *

“O cobizoso proxecto liderado polo profesor Ricardo Gurriarán poderá axudar a corrixir esta eiva para que as novas xeración se decaten de que a Galicia desconforme e reivindicativa da súa identidade non naceu por xeración espontánea.” (Manuel Caamaño Suárez: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) / O movemento asociativo galeguista no franquismo, 2012)

“Aquela vez que a profesora mandara como deberes para a casa facer unha descrición dun amencer dende a ventá do noso cuarto.” (Juan Manuel Parcero Martínez: Sangue no ollo, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.