profesorado

Corpo ou colectivo de profesores, en particular, o conxunto de profesores dun centro de ensino

Etimoloxía

Termo derivado tomando como base “profesor” que procede do latín professor,óris ‘profesor’ ou ‘mestre’.

Exemplos *

“Tomaron o relevo á xeración do profesorado de Literatura que erguera o segundo rexurdimento nas nosas Letras. Eles e elas, os novos, colleron agora as historias que non lles deixan publicar no papel diario (porque non hai espazo, porque non hai gana empresarial, porque non hai cartos...) e constrúen o edificio literario máis orixinal en anos.” (Quique Alvarellos: Sermos Galiza, 6-8-2015)

“A filosofía", explica Rosa, "é crear un movemento de base, inclusivo, ao que poida sumarse a maioría do profesorado, o alumnado e as familias, independentemente das opcións políticas e sindicais, aberto a todos os que estean pola defensa e a construción dun ensino público democrático e de calidade.” (Rosabel Candal: Luzes, 5-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.