prognóstico

Anuncio de algo que vai ocorrer ou de como vai ocorrer, baseándose en certos sinais ou estudos, en especial o anuncio do tempo que vai facer

Etimoloxía

Termo científico que vén do latín prognosticus, -a, -um que bebe do análogo grego prognostikós que significaba ‘coñecemento do que vai acontecer’.

Exemplos *

“Os diferentes índices son investigados con moito interese, na actualidade, na procura das claves da variabilidade climática en escalas amplas de tempo e, deste xeito, tamén, abrir a porta á posibilidade do prognóstico do tempo a prazos medios.” (Francisco Díaz-Fierros Viqueira: Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia / 2. Historia da meteoroloxía e da climatoloxía en Galicia, 2008)

“Na aldea de Vilasibil, aínda lembran como os máis vellos facían un prognóstico do tempo para todo o ano seguinte.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.