Cada unha das unidades emitidas pola radio ou a televisión, que tratan dun tema determinado
Etimoloxía
Palabra que chega desde o latín tardío programma ‘publicación por escrito’.
Exemplos *
“'Airiños' recupera o nome doutro programa que se emitiu de xeito breve a principios dos anos oitenta.” (Xosé María Fernández Pazos: O Correo Galego, 24-12-2000)
“(...) sentiu aprecio por aquela moza de aspecto gozoso á que coñeceu gracias a un ridículo programa de radio no que unha locutora de ton estridente poñía en contacto a un home e a unha muller a través do teléfono.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.