programadora, -or

Persoa que elabora programas de ordenador

Etimoloxía

Voz que se forma sobre a palabra “programa” que vén do latín tardío programma, e este do grego prógramma.

Exemplos *

“Ada Byron foi unha matemática británica ( 1815-1852 ) que describiu a máquina analítica de Charles Babbage e está considerada como a primeira programadora. Deduciu e preveu a capacidade dos ordenadores para ir máis alá dos simples cálculos numéricos.” (Redacción: Código Cero. Revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, 10-2012)

“As mulleres que se preparan para ser programadoras en busca dunha segunda oportunidade laboral teñen unha idade media de 31 anos e contan con estudos universitarios.” (Redacción: Galicia Confidencial, 10-9-2023)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.