promesa

Acción e efecto de prometer ou aquilo que se promete

Etimoloxía

Voz que bebe do latín promissa, que é o plural de promissum ‘promesa’, ‘oferta’.

Exemplos *

“Que sería de min sen a presencia / da túa lene risa luminosa, / que sería de min sen a promesa / do teu corpo froital xa floreado.” (Darío Xohán Cabana: Ábrelle a porta ó día, 1981)

“nas ábsides de pórfido, nas abóbadas: / facer voar os anxos de granito / na ágora, na praza onde se din os hinos, / as pancartas, as voces, as promesas. As iras...” (Antón Avilés de Taramancos: Última fuxida a Harar, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.