Monte de pouca altura
Etimoloxía
Voz culta que nos leva ao latín promontorĭu de significado semellante.
Exemplos *
“A luminosidade do momento fíxolles esquecer toda preocupación, ó tempo que lles permitiu comprobar que a neve das alturas era moito máis branca do que lles viñera parecendo, mentres que, pola contra, as escarpas que os arrodeaban resultábanlles aínda máis escuras e aterrecedoras. Varios homes decidiron entón subir ó promontorio.” (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite, 2001)
“Nesta aldea atópanse interesantes mostras de arquitectura, como unha casa construída enriba dun promontorio rochoso, e unha fonte cuberta cunha grande rocha na parede.” (Jesús Alfonso Parada: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.