propina

Cantidade que se dá a alguén, sen ter obrigación, para recompensar un servizo prestado

Etimoloxía

Termo que bebe no latín baixo propina ‘invitación’ que remite ao grego propínein.

Exemplos *

“Mostrábanse moi agradecidos pola axuda prestada. Os cartos non lles importaban, pagaban sen chistar, mesmo con propinas. Hai que dicir que esta xente significaba unha fonte considerable de ingresos, que boa falta lle facían.” (Úrsula Heinze: Delirios de pracer, 2018)

“Deille as grazas, que non propina, despacheino e entretívenme aquelando o meu cuarto mentres pensaba no que acababa de acontecer.” (Tomás González Ahola: Da fría e distante estrela polar)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.