propósito

Aquilo que un se propón realizar ou ao que se aspira

Etimoloxía

Orixínase no participio pasado latino propositus do verbo proponere ‘poñer diante’.

Exemplos *

“Por un momento, gustaríame poder desterrar da mente o propósito da viaxe, pero non é posible.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

“Tódolos anos igual: elaboramos unha lista de bos propósitos para o ano novo que ó final acabamos por non cumprir.” (A.T.B.: O Correo Galego, 23-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.