Parte da gramática que trata a correcta acentuación e pronunciación
Etimoloxía
Termo procedente do latino prosodia, -ae ‘acento tónico’ desde o grego prosoidía, -as ‘canto de acordo con’.
Exemplos *
“E hai que buscarlla a través da sintaxe que lle presta a ánima, pensando o idioma pronunciado coa nosa fonética, acorde coa prosodia propia e coas palabras nosas.” (Alfredo Conde: O Correo Galego, 13-02-1996)
“E non me veñas con que se os signos de puntuación e a prosodia que os pariu. Eles tampouco resolven nada.” (Xurxo Borrazás: Contos malvados, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.