prosperar

Mellorar progresivamente de situación, en particular a económicas

Etimoloxía

Forma que chega desde o latín prosperare que ten un significado semellante.

Exemplos *

“... e agora atreveríase a demostrar que sabía facer o que fose, que non lle tiña medo a ningún traballo, que non lle doía o lombo nin había peso que se lle resistise, con tal de ficar naquela terra e prosperar, como moi poucos podían.” (Francisco A. Vidal: A derradeira decisión, 2001)

“Nunca esquecerei a miña mai aprendendo a ler e escribir con axuda de certa señora de ideas avanzadas que puxera escola gratuíta no noso barrio de traballadores; nin tampouco o meu pai roubándolle tempo ao sono escaso para practicar á luz do candil as técnicas contables con que esperaba prosperar na firma onde se empregara.” (Xavier Alcalá: Latitude austral, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.