protección

Acción e efecto de protexer.

Etimoloxía

Deriva do latín protectio, -onis, que nos leva ao verbo protegere 'cubrir, abrigar' e, máis aló, á forma tectum 'teito'.

Exemplos *

"Baixo o argumento de que os menores delincuentes debían de estar á marxe do dereito penal común cristalizará, nos albores do século XX, a pretensión de crear un organismo específico para a infancia abandonada e/ou delincuente, que debería atender tanto á súa protección como á súa reforma." (Ana Iglesias Galdo: Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Galicia)

"O Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas sobre a protección do individuo, sostén que os principios xerais do Dereito comunitario inclúen os dereitos fundamentais do individuo." (Xesús Corbacho: O Euro e a Construcción Europea)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.