proteína

Substancia composta por aminoácidos que forma parte dos seres vivos e que intervén na maioría dos procesos vitais.

Etimoloxía

Considérase que entrou desde o francés, pero é unha creación científica que toma como base o grego proteios ‘primeiro’ ou ‘esencial’, ao que se lle engade unha terminación típica das substancias químicas.

Exemplos *

“¿que almorzar? É recomendable tomar unha combinación de proteína e carbohidratos.” (Marta Gómez: De Luns a Venres 27-02-2009)

“Unicef sinalou en xaneiro que o 10,3 por cento dos nenos menores de cinco anos están desnutridos, unha tendencia en aumento respecto dos últimos anos. A desnutrición adoita atribuírse á falta crónica de proteínas e micronutrientes, incluídos o ferro e as vitaminas esenciais.” (Galicia Hoxe 22-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.