proveito

Efecto beneficioso que resulta ou se tira de algo // Vantaxe material que se tira de algo

Etimoloxía

Palabra que vén do latín profectus, -us ‘adiantamento’, ‘progreso’ ou ‘bo resultado’.

Exemplos *

“Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro.” (Xela Arias: Non te amola, 2021)

“Nuria gustáballe pero había algo nela que lle facía dano, coma se lle coñecese as debilidades e quixese tirarlles proveito.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.