proxenitor, -a

Antepasado en liña directa.

Etimoloxía

Deriva do latín progenitor, –oris 'avó' ou 'antepasado'.

Exemplos *

"Non quixera que me digan que son deses fillos severos e rancorosos á hora de xulgar os proxenitores, pero eu aínda non sei se debo consideralo tal." (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

"Impaba porque os seus proxenitores, a nai do lado de Alá e o pai escarranchado, xa non formaban parte da súa vida." (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.