Especialista en psicoloxía
Etimoloxía
Voz formada polo prefixo psico- que procede de psycho ‘alma’ e o sufixo -logo do grego -lógos ‘palabra’.
Exemplos *
“Verge escoita e analiza cada un dos argumentos nunha sorte de conversa filosófica entre paciente e psicólogo.” (Andrés Castro: Sermos Galiza, 30-5-2019)
“Nós non o teriamos superado sen a axuda dunha psicóloga. Axudounos moito e xa entón me dixo que che dera o seu teléfono por se querías contactar con ela.” (Fátima Rodríguez Figueiras: II Premio Diario Cultural de Teatro radiofónico, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.