pube

Parte inferior do ventre que forma un triángulo entre as dúas coxas e se cobre de pelo na puberdade.

Etimoloxía

Tomouse do latín pubes –is, que denominaba o pelo característico da puberdade e pasou a aplicarse para a parte do corpo onde aparece.

Exemplos *

“... as incisións da autopsia. Os dous cortes oblicuos nacían a ambos os dous lados do pescozo, uníanse baixo o esterno e descendían polo abdome como unha soa liña que, tras rodear o embigo, se detiña na pube.” (Domingo Villar: A praia dos afogados)

“... unha contractura na pube que onte lle provocaba a rixidez nunha perna.” (Ánxeles Casas: O Correo Galego 17-02-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí