puberdade

Período da vida humana entre a infancia e a adolescencia, caracterizado por mudanzas físicas (cambio da voz, comezo da actividade das glándulas sexuais etc.) e psíquicas.

Etimoloxía

Palabra que provén da latina pubertas co mesmo significado, que deriva, á súa vez, de puber ‘púbere’.

Exemplos *

“Só a súa voz sobreviviu ao paso da puberdade e logrou unha modulación que todos os que a oían xulgaban moi agradábel.” (Pedro García Luaces: Luzes, 12-2014)

“Despois de probar o amor nada máis saír da puberdade, non podía encerrar a súa xuventude nun cenobio.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / O Paspallás, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.