Peza de vestir de forma redonda, que serve para abrigar ou para tornar o sol da cabeza.
Etimoloxía
Apúntase que se trate dunha redución da voz capucha.
Exemplos *
"O home obedeceu, timidamente, e inclinou a cabeza diante de Frida, engurrando a súa pucha entre as mans." (Dolores Ruiz: Dentro da illa)
"O máis alto dos dous homes sacou a pucha para rañar cos dedos sucios na cabeza e era calvo." (Paco Martín: A bisneta lercha)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


