Doce feito a base de fariña ou pan esfaragullado, leite, ovos, azucre e pasas, cociñado ao forno ou ao baño maría
Etimoloxía
Vocábulo que nace do termo pudding que significaba ‘variedade de salchicha’.
Exemplos *
“Non era coma a súa nai, que facía uns pudins de claudias e un polo ó curry realmente bo. Non. Esther cociñaba moi mal.” (Xavier Queipo: O ladrón de esperma, 2001)
“E chegou a hora da sobremesa, un pudin de pasas que mamá facía aproveitando o pan reseso.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.